miércoles, 28 de noviembre de 2012
AS NOSAS NUVES CON CHOIVA
Recordades que estivemos traballando para o mural do pasillo de infantil? pois ahí está o resultado, ahora hai que ter moito coidado ó pasar por debaixo del porque ... chove!!
martes, 27 de noviembre de 2012
NUBES E CHOIVA
O venres pasado estivemos traballando na decoración do noso cole, andamos a facer un mural para o pasillo e como estamos en tempo de outono nós picamos unhas gotiñas de choiva e fixemos unhas nubes recheas
Aquí estamos pica que pica...
E aquí pinta que pinta...
O último que fixemos foron as bolas de papel de periódico para meter nas nubes.
Mañá colgarémolas e xa vos ensinaremos e resultado. Un saúdo!!
lunes, 26 de noviembre de 2012
jueves, 22 de noviembre de 2012
ARTE OTOÑAL!!
O xoves da semana pasada fixo un día precioso por iso decidimos ir buscar follas ó noso patio.
Collimos un montón e unha vez na clase puxémonos a traballar: follas de cores!!!
Como vedes os peques estaban moi concentrados
E un pouquiño de pintura por aquí outro pouquiño por alá...ahí está o resultado!!
miércoles, 21 de noviembre de 2012
lunes, 19 de noviembre de 2012
CALENDARIO DE ADVIENTO
Hoxe cando chegamos a clase descubrimos un calendario de adviento chulísimo. Está feito cos tubos de cartón que trouxeron os nenos/as da casa e dentro hai unha sorpresiña.
Cada día o encargado ou encargada da clase colle unha chocolatina do calendario e cando se rematen os agasallos significará o remate das clases e a chegada das vacacións do nadal!!!
Hoxe a encargada foi Martina e dixo que a agasallo estaba boísimooo!!
MAGOSTO!!!!!
PREPARÁMONOS PARA O MAGOSTO!!
Cos cartóns de leite que trouxeron os peques da casa preparamos unhas cestas para gardar as castañas...
usamos unha técnica nova: pintar sobre papel de burbullas!!
primeiro extendemos o papel de burbullas, despois pintamos con diferentes cores e por último imos pousando o cartón enriba de cada cor
Suscribirse a:
Entradas (Atom)