miércoles, 30 de enero de 2013

FELIZ DÍA DA PAZ


 Hoxe celebramos no cole o día da PAZ.







 Os maiores contáronnos un conto e despois todos xuntos no patio cantamos unha canción.

E de redordo levamos para casa esta pombiña da paz.

CONTACONTOS

Onte, gracias ó proxecto de voz natura que se está a desenvolver no cole, tivemos a visita dunha contacontos que nos explicou a importancia de separar a basura, reutilizar e reciclar todo o que poidamos.

MÁIS MATERIAL





Temos a clase tan linda e motivadora: imaxes, siluetas, cancións, títeres, poesías...



















No traballo por proxectos é moi importante a recollida de información xa que a partir dela arranca a investigación na aula.

 




Seguimos traballando!!

lunes, 28 de enero de 2013

FACEMOS UN LIBRO

 Todos os días traballamos un pouquiño no libro do proxecto.

 Imos deixando rexistrado todo o que aprendemos e tamén estamos gardando as cancións que sabemos sobre as mans para que poidades cantar con nós na casa.
Cando rematemos o proxecto levaremos os libriños.

sábado, 26 de enero de 2013

MANS COCIÑEIRAS!!


O xoves fixemos galletas de manteiga!!!


 É unha receta moi sinxela que poden facer os peques con pouca axuda pola nosa parte.






 Primeiro remeximos cunha culler pero cando a masa se puxo demasiado dura houbo que meter as mans, chachi!!

  Estes nenos e nenas atrévense con todo!!




 Cando a masa estivo lista estiramos e cada un foi cortando cun molde de corazón a súa galleta. 






Despois foron ó forno da cociña uns minutiños e.....







TACHÁN!!!!
  

miércoles, 23 de enero de 2013

MANS DE CORES


 Onte pola tarde pasámolo xenial!!!

 Puxemos un papel enorme no pasillo do noso cole e...
 ó principio pintamos solo cun dediño pero pouco a poco fumos animándonos e acabamos pintando con toda a man, algún foi con pintura ata no pelo.

 

 O importante da actividade foi experimentar coa pintura, mezclar, extender, debuxar, inventar...e todo, claro está, coa axuda das nosas perfectas MANS!




martes, 22 de enero de 2013

EU TEÑO 10, E TI?

  Hoxe a profe escribiunos un número en cada dedo e resulta que temos 10. 
 Despois xogamos a buscar todos o mesmo número e levantar o dedo, non é nada fácil, mirade que concentrados descifrando os números.





GRACIAS FAMILIAS!!

 Que estupendo é esto de compartir, compartir ideas, debuxos, propostas, xoguetes...os peques están felices compartindo cos demáis o que fan con tanto cariño cos seus papás e mamás.



 A clase está preciosa con tantas mans e tantos debuxos, e o mellor é que as familias estades presentes no día a día.