jueves, 20 de junio de 2013

EXCURSIÓN FIN DE CURSO!!!!!!!!


 Que mañá tan fantástica pasamos hoxe en Monterrei!!!!


 Xogamos cos coches, cos zancos, aros, pelotas e sobretodo disfrutamos en contacto coa natureza!!!


PELIGRO, ANIMAIS SOLTOS!!!

 Coidado peques!!!! animais salvaxes chegaron ao bencho e penso que teñen fame!!!

 Non hai problema, resulta que solo queren xogar, e nos encantados!!!!

miércoles, 19 de junio de 2013

CABAÑA!!!!!





 Xa temos a nosa preciosa cabaña, montada!!!!!
Está onde antes estaba a tendiña, e agora pasamos o rato alí metidos...e atención ainda que é pequecha collemos todos dentro, mirade!!

viernes, 14 de junio de 2013

LENTELLIÑAS!!!!

Con tanto cariño normal que xa naceran, jajaj, ahí están as nosas lentejotas, hermosas, hermosas. Hoxe unhas poucas foron xa para casa, pero outras tivemos que volver plantalas porque afogámolas da primeira vez, farémolo con máis coidado e a ver si para a semana xa as podemos levar tamén!!!

lunes, 10 de junio de 2013

SEMENTANDO!!


 Cando comezamos este proxecto sobre a selva unha das cousas que queríamos saber era como medraban as follas; pois ben imos comprobalo por nós mesmos.

 Como quedan poucos días de cole decidímonos por algo que medra rápido e que seguro a máis de un papá e mamá lle trae recordos da súa infancia...plantamos lentellas!!


Están xunto a ventana, sabemos que teñen que ter luz solar, e regámolos un pouquiño cada día, esperamos que medren rápido e as podamos levar a casa para que as vexades!!

viernes, 7 de junio de 2013

ÑAM ÑAM COCODRILO SOLTO!!!

 Xa fixemos o río e a cascada e agora solo quedaba o inquilino...o noso COCODRILO!!!!






Pintámolo entre todos, moi xuntiños coma sempre, e unha vez rematado...a xogar!! porque este cocodrilo saíunos moi moi tranquilo.



 Quedades convidados a vir dar unha voltiña con nós!

martes, 4 de junio de 2013

FABRICANDO A NOSA CABAÑA...

 A semana pasada estivemos recollendo follas, flores e herba no noso patio...


 Metimos todo nun cubo e despois, con moita calma, fomos poñendo todo na "cuberta" da nosa cabaña, así teremos un lugar seguro dentro da nosa perigosa selva!!!!




Está quedando xenial, xa vos ensinamos o resultado nuns días!!