domingo, 28 de abril de 2013

ANACONDAS!!

 A anaconda é a serpe de maior peso que existe, de 45 a 180 kg...menos mal que viven ben lonxe!!

Que divertido é eso de desplazarnos sobre a panza!!! Coidado, unha clase chea de nenos-serpe.

sábado, 27 de abril de 2013

SORPRESA!!!

 Andamos traballando nunha sorpresiña...


 Mirade que nenos e nenas tan traballadores!!!









  Nuns días levaremos un regaliño para casa e como vedes estámolo a preparar con moito cariño.


QUEREMOS UNHA SELVA PROPIA


 Como as que hai no mundo quedan un pouquiño a desmán, decidimos facer unha selva para a nosa clase...así empezamos.



Xa vos iremos enseñando os avances!!!

viernes, 26 de abril de 2013

CONTOS DE MAMÁ!!


 O martes tivemos a visita de Mati, a mamá de Teo, que ben o pasamos con ela!!!
Contounos Riciños de Ouro con títeres, e deixóunolos de regalo para a clase, e ademáis fíxonos un títere para cada un, que sorte!!

E nós correspondémoslle cun regaliño, eu creo que lle encantou, moitas gracias Mati!!!

viernes, 19 de abril de 2013

CONTOS DE MAMÁ!


 A nosa mamá invitada de hoxe foi Belén, a mamá de Alejandro!!!
 Contounos 2 contos chulísimos, saían un montón de animais e, como remate, cantáronnos unha canción os 2 xuntiños.
Como esta semana foi tan atareada non tivemos tempo de preparar o regalo pola mañá, pero pola tarde traballamos moito e Alejandro xa o puido levar para casa. Gracias Belén!!

MOTIVADÍSIMOS!!!!!

 Así é como estamos estos días, temos o nosa mesa dos proxectos a rebosar de contos da selva, animais, puzzles... é xenial!!!



 Cada día que ven algo novo da casa os peques explican que é e logo deixano na mesa do proxecto, así queda dispoñible para o resto de nenos e nenas.



 Cada día léolles os contos e información das enciclopedias, así pouco a pouco imos aprendendo e interesándonos polo tema a traballar.

Seguimos a conquistar a selva!!!!!

miércoles, 17 de abril de 2013

CACHAMUIÑA!!!


 A nosa primeira excursión!!!!! 

Que mañá tan bonita pasamos hoxe á beiriña do río Loña.




 
 Estivemos mirando por uns prismáticos buscando patos ou aves,
 xogamos coa area e tamén estivemos recollendo plásticos e deixamos o monte limpiño!!!
 

 Pola tarde, xa máis relaxados, debuxamos nun folio todo o que fixemos en Cachamuiña e desta vez levárono para casa para contárvolo con detalle.
Gustounos moito a aventura, non tardaremos en repetir!!!!

martes, 16 de abril de 2013

SEMANA DAS CIENCIAS!!

 Aquí estamos, en plena Semana das Ciencias!! a entrada do cole convertíuse nun laboratorio por uns días onde os nenos e nenas de primaria fan experimentos para os demáis alumnos do centro. Onte tocounos aos máis peques, unha simulación do funcionamento dos pulmóns, un ovo que tras estar sumerxido en vinagre se convirte nunha especie de saltarina e ata un volcán con lava e todo...menudos científicos!!

RODRIGO E A LINGUAXE DE SIGNOS

O venres pasado tivemos unha visita moi especial; cando fixemos o proxecto das mans a mamá de Teo deunos o número da Asociación de sordos de Ourense, chamei, organizamos unhas charlas de difusión e sensibilización para todos os nenos do cole e o venres pasado, Rodrigo xunto coa súa intérprete Arancha, contounos coas súas mans un conto. Foi estupendo, unha actividade super enriquecedora e bonita para os peques e tamén para min por suposto!!

CONTOS DE PAPÁ


 Martín foi o noso papá invitado do venres pasado.
.
Entre él e Breogán contáronnos varios contos que nos gustaron un montón, nos regalámoslle un libriño e Martín regalounos unhas galletas de chococolate que estaban boísimas!!!!!
 Moitas gracias!

sábado, 13 de abril de 2013

E COMEZA A CHEGAR INFORMACIÓN...

 As familias xa estades mans á obra traendo información á clase, moitas gracias!!

 Xa temos algún recorte de revistas, un mono, un elefante, contiños, puzzles, unha enciclopedia...


 Cada día leremos, miraremos e sobre todo xogaremos con este material e co que eu vaia aportando para pouco a pouco ir coñecendo e aprendendo sobre a selva, que animais viven nela, como é unha selva, si hai xente alí, onde está...cada vez irán aparecendo máis preguntas e intentaremos buscar resposta para todo.
Arranca a diversión!!!