viernes, 12 de diciembre de 2014

CACHAMUIÑA!!

 Outro ano máis saimos a Cachamuiña a facer unha xornada de limpeza e observación de animais da zona.



 Viñemos un pouco sorprendidos porque atopamos moitos plásticos e basura tirada, é unha pena porque o sitio é precioso.


 E despois de tanto traballo unha galleta para repoñer forzas e a buscar aves!!









































Ata prontiño!!!!

jueves, 11 de diciembre de 2014

EXPERIMENTANDO COA GRAVEDAD


 Primeiro lanzamos hipótesis do que pensamos que pasará ao tirar as botellas; tiñamos unha baleira e outra medio chea, e todos coincidíamos en que a primeira en chegar ao chan era a chea...

pero a gravedad actuou e chegaron as 2 ao mesmo tempo ; )

miércoles, 10 de diciembre de 2014

martes, 2 de diciembre de 2014

EU SON IMPORTANTE!!

 No noso día a día intentamos que os nenos e nenas se desenvolvan integramente, polo que non podemos deixar ao marxe o aspecto emocional. Con esta actividade traballaremos: a seguridade nun mesmo, a autoestima, o autoconcepto, a familia...





Comezamos hai uns días, e a nosa primeira protagonista foi Sara.

Seus pais vistáronnos para contarnos cousiñas de cando Sara era pequena, e tamén nos trouxeron un montón de pequenos videos onde a vimos dende bebé ata a actualidade, encantounos!!!!!!

MARCIANOS


Si alguén non está convencido da vida extraterrestre...aquí tedes a demostración : )



Un pouco de plastilina, algo de pintura, un punto de pegamento e listo para despegar!!!

CHICO NUEVO EN LA OFICINA

 Quero presentarvos ao noso novo compañeiro Mauro!!!!
 Ven do cole de Castrillón-Coiro, e os primeiros días estaba un pouco tímido...pero pouco a pouco vaise facendo co grupo.
 E como é un campeón, pois non é fácil comezar unha nova andadura, fixémoslle unha festiña en clase. Houbo bailes, cancións e un regaliño de parte dos seus compis.

E como remate un achuchón ao montón!!!! Benvido Mauro!!!!

miércoles, 12 de noviembre de 2014

ESTRELAS NA SOLAPA

Antes de nada debo pedir perdón por non explicar esta actividade antes, pero a verdade é que xurdiu un pouco de sopetón e como o primeiro son os peques, alá fomos de cabeza.
Este inicio de curso resultou ser un pouco máis movido do normal, e algúns  nenos da nosa clase empezaron a pelexarse case a diario. Despois de intentar doutros xeitos, como que pasasen o recreo sen xogar ou mandar notas a casa, decidimos optar por un sistema "simplificado" de economía de fichas.  Despois do recreo da mañá falamos sobre os conflictos que se deron no patio, e ofrecémoslle alternativas aos nenos/as que pelexaron, como por exemplo ir avisar a un profe, respirar profundo, xogar con outros nenos/as, aguantarse cando se perde...un montón de alternativas para evitar unha pelexa e manexar os sentimentos de enfado, frustación, rabia...
A todos os nenos/as que non pelexan e arranxan os conflictos falando dámoslle unha estrela. Os que pelexaron non poden levala pero animámolos moito para conseguila ao día seguinte.
Como é unha actividade moi visual e faciliña agradecería moito que na casa falásedes tamén con eles, tanto si levan estrelas como si non a levan, para que pouco a pouco vaian controlando e poñendo nome as súas emocións, e desenvolvan actitudes de respeto, compañerismo, empatía e coidado cara os compañeiros.

MAGOSTIÑO!

 E si chove...malo será que non atopemos abrigo!




 O luns celebramos o magosto e como xa é tradición preparamos unhas cestiñas para ter as castañas a bo recaudo














 E despois...a paparota!!




VIVAN AS CASTAÑAS!

UNHA VÍA LÁCTEA CHOCOLATEADA!!

 Mirade que galaxia tan espléndida tivemos na nosa clase (xa non queda nadiña dela jijijiji)




 Martín, o papá de Breogán, regalounos esta vía láctea para que , de paso que investigamos, nos endulcemos un pouquiño...así da gusto!!

GRACIAS!!!!!