domingo, 26 de octubre de 2014

AGUJERO NEGRO!


















 Moito coidado si vides de visita, mirade o que hai na entrada á nosa clase!





E outro máis pequecho para poder meternos dentro!!!!

jueves, 16 de octubre de 2014

EXCURSIÓN!!!

O venres pasado fixemos a nosa primeira saida polos arredores do cole e  pasámolo pipa!!!!


Atopamos landras, setas, follas, piñas, formigas...natureza!!


Volveremos!!

martes, 14 de octubre de 2014

METEORITOS!!!


 Sabemos que a mellor maneira de aprender as cousas é vivindoas, por iso mesmo experimentamos con "meteoritos"


E poidemos comprobar como se fan os cráteres.

HOMENAXE A LAIKA

 Xa hai uns cantos días que Laika está nas vosas casas, aquí no cole foi un pouco duro, porque a pesar de que sabemos para que a enviaron, parécenos moi inxusto que morrese alá no espacio.
E para aliviar un pouco esa pena Noa trouxonos a nosa propia Laika para estar connosco todos os días. Agora volveu a casa por problemas técnicos pero esperemos que regrese prontiño. Gracias Silvia!

viernes, 10 de octubre de 2014

A NOSA ESTRELA

Esta é a cariña que se nos queda cando descubrimos como é realmente o noso sol, moitos dos peques dixeron que era igualiño á lúa!! Preguntádelle a ver que contan jaja

jueves, 9 de octubre de 2014

jueves, 2 de octubre de 2014

FAMILIAS CÓSMICAS!!

 Facer proxectos con familias como as destes meus nenos e nenas é maravilloso, son consciente de que traballades e non sempre tedes o tempo que vos gustaría para investigar cos peques na casa, pero todos vos, de un xeito ou de outro, colaborades e axudades a que os proxectos vaian adiante e calen fondo en nós. Moitas gracias familias!!













miércoles, 1 de octubre de 2014

NOITE E DÍA


Este universo tennos engaiolados...experimentamos coa luz para comprender o movemento da terra e por suposto tamén o vivenciamos, xiramos e xiramos sen parar

UNHA VISITIÑA!!

Hai xa uns días tivemos unha visita moi especial, Noa chegou ao cole un pouco tarde e viña acompañada da súa irmanciña Sira!!
Non nos puidemos resistir e convidámolas a pasar jijiji e prometeron volver outro día con calma para poder disfrutar un pouco máis. Gracias Silvia!!

A nosa nova compi!!

Como algúns de vos xa sabedes este curso, ata o mes de Febreiro, está connosco unha estudiante en prácticas que se chama Paula!! nos estamos encantados e esperamos que esta experiencia sexa positiva para ela.