miércoles, 12 de noviembre de 2014

ESTRELAS NA SOLAPA

Antes de nada debo pedir perdón por non explicar esta actividade antes, pero a verdade é que xurdiu un pouco de sopetón e como o primeiro son os peques, alá fomos de cabeza.
Este inicio de curso resultou ser un pouco máis movido do normal, e algúns  nenos da nosa clase empezaron a pelexarse case a diario. Despois de intentar doutros xeitos, como que pasasen o recreo sen xogar ou mandar notas a casa, decidimos optar por un sistema "simplificado" de economía de fichas.  Despois do recreo da mañá falamos sobre os conflictos que se deron no patio, e ofrecémoslle alternativas aos nenos/as que pelexaron, como por exemplo ir avisar a un profe, respirar profundo, xogar con outros nenos/as, aguantarse cando se perde...un montón de alternativas para evitar unha pelexa e manexar os sentimentos de enfado, frustación, rabia...
A todos os nenos/as que non pelexan e arranxan os conflictos falando dámoslle unha estrela. Os que pelexaron non poden levala pero animámolos moito para conseguila ao día seguinte.
Como é unha actividade moi visual e faciliña agradecería moito que na casa falásedes tamén con eles, tanto si levan estrelas como si non a levan, para que pouco a pouco vaian controlando e poñendo nome as súas emocións, e desenvolvan actitudes de respeto, compañerismo, empatía e coidado cara os compañeiros.

MAGOSTIÑO!

 E si chove...malo será que non atopemos abrigo!




 O luns celebramos o magosto e como xa é tradición preparamos unhas cestiñas para ter as castañas a bo recaudo














 E despois...a paparota!!




VIVAN AS CASTAÑAS!

UNHA VÍA LÁCTEA CHOCOLATEADA!!

 Mirade que galaxia tan espléndida tivemos na nosa clase (xa non queda nadiña dela jijijiji)




 Martín, o papá de Breogán, regalounos esta vía láctea para que , de paso que investigamos, nos endulcemos un pouquiño...así da gusto!!

GRACIAS!!!!!

miércoles, 5 de noviembre de 2014

TALLERES PLANETARIOS

 Este curso temos unha nova modalidade na clase: os talleres

 Cando traballamos nos talleres dividímonos en grupos, e facemos todos a mesma actividade en diferentes turnos.



 Nesta sesión fixemos planetas de papel maché e unha manualidade que se lle ocurriu a Martina para que se poidese ver o nucleo da terra.










Os planetas xa están colgados e a manualidade verédela mañá que a levarán para casa.

SISTEMA SOLAR

E hoxe foi para casiña este precioso sistema solar, encántanos a nosa galaxia!

EXPERTOS!!

Seguimos a voltas co espacio, estamos nunhas semanas de moito traballo e aquí vos deixo unhas fotos das numerosas exposicións que tivemos dos expertos e expertas.


















Fixérono xenial!!