viernes, 31 de enero de 2014

O CONTO DA SEMANA

Cada semana imos adicala a un conto. Todos os luns comezaremos lendo e debuxando o conto escollido para despois expoñer os nosos debuxos nun novo recunchiño da clase. O motivo de traballalo durante toda a semana é que desta forma logramos un coñecemento profundo do mesmo, e traballamos en diferentes aspectos como o artístico, teatral, musical, matemático, lingüístico...e si o conto se presta tamén dende un enfoque cociñeiro jaja

























O conto desta semana foi Garavanciño, un éxito, e estes os nosos estupendos debuxos!!

jueves, 30 de enero de 2014

OS MARTES...MOVEMENTO!!!

Aquí estamos, na conquista do pabellón!! como xa sabedes os martes pola tarde imos dedicarnos plenamente ao movemento e o xogo.


A través da psicomotricidade desenvolveremos habilidades motoras básicas e específicas. Ademáis potencia a socialización, fomenta a creatividade, concentración, relaxación...e sobre todo é divertida!!












O primer día pasámolo pipa, e xa estamos desexando que volva a ser martes!!!

miércoles, 29 de enero de 2014

XA SOMOS ASÍ DE ALTOS!!

 O dos números é abraiante, si te fixas un pouco, so un pouquiño descubres que están por tooodas partes, incluso na nosa medida.



Coa axuda dun metro e moito empeño fomos medindo uns aos outros

Unha vez que tivemos a medida fixémos a réplica nunha tira de papel
 Un pouco de color e...
A nosa gráfica personalizada!!!