sábado, 22 de febrero de 2014

AUDICIÓNS!!

 Este ano Voz Natura céntrase nos ríos e nos mares, por iso ao longo desta semana subimos a clase de música "dos maiores" a disfrutar de distintas audicións relacionadas coa auga, como O lago dos cisnes, Aquarium ou A barcarola.


viernes, 21 de febrero de 2014

ATENCIÓN, VISÍTANNOS OS MAIORES!!!



 Esta semana tivemos moitas visitas!!

O Martes pola tarde viñeron os nenos da profe Susana de 3º a explicarnos o ciclo da auga. Estivemos super atentos porque en ese curso están 2 irmáns nosos, Mauro e Adrián. Ademáis deixáronnos uns carteles chulísimos feitos por eles!!


E o xoves baixaron os do profe Luis de 4º a representarnos o conto deste mes: Unha manchea de bicos. Bravo por estes compis teatreiros!!!!

jueves, 13 de febrero de 2014

UN RAIO DE SOL!!!!


 E hoxe, por fin, saiu o sol!!!! que contentos estábamos, xa necesitábamos sentir esa caloriña. E como nos somos de estar en contacto coa natureza alá fumos a contar o contiño á herba!!!


 Atopamos as primeiras flores, e non puidemos resistirnos a collelas :)
 Fixemos carreteras con pedras e terra...fixemos ramilletes con herbas...




























E compartimos momentos xuntos moi especiais!!

viernes, 7 de febrero de 2014

QUE VEN O LOBO!!!!!

 Como vedes o conto desta semana foi...OS SETE CABRITOS. Hoxe tocou representalo e tivemos que facer 2 pases porque aquí todos queren participar!!
 
Aquí vedes os cabritos, e como todos queren ser o cabrito pequeno ( que é o que se salva do lobo jiji) a mamá cabra sortea a personaxe.






 Ensínanos unha patiña...
 E ahora a encherlle a barrigola de pedras a este malvado!!
Bravoooooo!!!!!