lunes, 31 de marzo de 2014

VIMBIEIRA!!




















Hoxe festexamos o día da árbore. Cada clase tiña unha e a nós tocounos a vimbieira, preguntádelle na casa que saben dela. Despois todos xuntos cantamos a canción "A sementeira" e fixémolo moi ben.

viernes, 28 de marzo de 2014

ARTE...ARTESÁN

Onte celebramos o día etnográfico no cole, tiñamos 9 artesáns no pabellon, foi unha experiencia fantástica!!
FERREIRO
APICULTORA
CURTIDOR

TALLER DE BARALLETE
PESCADORA

AFIADOR

ALFAREIRO

OLEIRO


TEAR
PENEIREIRO

CANTEIRO
 Gustáronnos moito pero o naceiro...ese botaba chispas!!! : )

jueves, 27 de marzo de 2014

VISITOUNOS LAURA!!!

O mércores tivemos a visita de Laura, a tía de Sara Curras!!!







 Resulta que Laura tamén é mestra, e contounos o conto" A partes iguais" de maravilla
E para que non te esquezas de nos, un agasallo!!  volve pronto!!!

E QUE IMOS FACER HOXE?

 Sabedes a onde imos tan contentiños?...




Siiiii a plantar unha árbore!!!


 Vedes de que estilo temos?


 Plantamos un Serbal dos cazadores, é unha árbore moi curiosa, da froitos vermellos que soamente comen os paxariños.



 E despois demos un pequeno paseo polos arredores do cole, buscamos piñas, esquios, miramos os pinos...
E decidimos que ... VOLVEREMOS!!!!

martes, 25 de marzo de 2014

TEMOS VISITA!!!

 O xoves pasado tivemos a visita dos 
nenos e nenas de 3º. Explicáronnos os cambios que sofren as árbores ao longo das estacións. 



Fixérono xenial, un gran aplauso!!!!

lunes, 24 de marzo de 2014

EXPOSICIÓN DE MAQUETAS


 Os nenos maiores do cole son uns artistas, fixeron uns traballos super chulos sobre os ríos e os mares e logo explicáronnos un montón de cousas sobre eles.

E nos, por suposto, atentítisimos!!

viernes, 21 de marzo de 2014

PRIMAVERA, ONDE ANDAS?

 Onte comezou oficialmente a primavera, e como non podía ser doutro xeito, fomos ao seu encontro pero...


 O primeiro que fixemos foi mirar moi ben ao noso arredor a ver si notábamos algo diferente. Quedamos un pouco desilusionados porque non vimos flores!! pero si escoitamos os paxariños, e o sol quentábanos a cara. Decidimos ir en busca de vida, e nunha árboriña atopámola!!! Fixádevos ven, a ver si a atopades

  Ao final, e como somos expertos en cousas pequenas, atopamos algunha flor, unha xoaniña, formigas e uns mosquitos enormes...seguiremos observando e buscando os cambios, estarán ahí fóra?