viernes, 30 de mayo de 2014

ZOO


 Pasámolo moi moi ben no zoo, ao final non nos choveu e vimos moitos animais. E como nos portamos tan ben, fomos a xogar un pouquiño á praia!!!!





Que ganiñas de verán : )

martes, 27 de mayo de 2014

PIO PIO


 Son preciosossssss, naceron casi todos de noite e hoxe pola mañá antes de ir para vigo, puidemos velos. Mañá temos día intensivo cos nosos pitiños!!!!
Naceron 18, un non deu saido, tiña a cascara rota pero non foi capaz, outro tivemos que axudarlle e quedaba "secándose" non sei si resistirá, e outro máis picoteaba dende dentro do ovo, esperemos que mañá pola mañá haxa algún máis : )

lunes, 26 de mayo de 2014

CU-CÚ

 Hoxe foi o día 21 e os nosos pitiños máis madrugadores comezan a asomarse ao mundo. Estiveron toda a mañá piando e picoteando pero aínda non conseguira sair ningun. Como costa nacer!!!! 
Mañá seguro que xa temos pitiños, que emociónnnnnn!!!!!

O GALIÑEIRO DE MARI!!

Encantounos o galiñeiro da avoa da Gabriel, e ela explicounos taantas cousas : )

As que están na caixa estaban poñendo ovos, e as de debaixo da árbore ao fresquiño!


Mari ensinounos a súa comida, e díxonos que as veces tamén lle dan restos de froitas

E ata puxeron un ovo mentres estábamos alí!!

E como nos portamos moi moi ben, Mari regalounos un xeado de cucuruchooooooo



Que comimos na sombriña do noso patio.
Un millón de gracias Mari!!!

martes, 20 de mayo de 2014

Así é como nos pensamos que serán os nosos pitiños!!!
Puxémoslle unha cruz a cada ovo, porque temos que darlle a volta todos os días, como se fósemos a súa mamá

 No noso panel imos vendo como se desenvolve día a día...faltan 6 días para que saian
Que emoción!!!

lunes, 19 de mayo de 2014

QUEN PIA POR AQUÍ?





Como pasa o tempo!!!!
 Pola nosa parte arrancamos co último proxecto deste curso: OS PITIÑOS
O pai de Laura deixounos unha incubadora e tróuxonos 30 ovos, estamos taaan impacientes por ver si nacen!!!














E mentres esperamos imos aprendendo curiosidades dos pitiños, como nacen, que comen, onde viven...


domingo, 18 de mayo de 2014

ATA PRONTO PIRATAS!!

 Ao rematar o proxecto de piratas fixemos unha búsqueda do tesouro por todo o patio, moi ben o pasamos!!
1º tivemos que buscar no areeiro unhas instruccións, se faciamos todos conseguiríamos un mapa do tesouro






Primeiro unha carreira arredor do cole





Despois carreira a pata coxa





Logo canción piratil




E por último baile pirata, como o fixemos todo moi ben conseguimos mapas...ahora a buscar!!!








Un tesouro merecidísimooooooo