martes, 27 de enero de 2015

ENTRAMOS NA PREHISTORIA!!

 Arrancamos novo proxecto!! desta vez chegounos dun xeito diferente, apareceu unha caixa misteriosa na biblioteca do cole que traia dentro obxectos e libros da prehistoria.






 Puxemos todo nunha mesa e xa comezaron a xurdir as primeiras ideas e hipótesis
Despois levámola para clase e para poder arrancar o proxecto coa conformidade de todos buscamos novas propostas de traballo e fixemos a votación, este foi o resultado:
OS CAVERNÍCOLAS 15
ANIMAIS QUE VIVEN BAIXO TERRA 3
O CORPO 3
Ese día non estábamos todos, pero deixamos pendientes eses temas para cando rematemos este proxecto.
Podedes coma sempre traer a clase todo o que poida ter relación co proxecto, telas estampadas simulando piel, ósos, contos, debuxos, peliculas...
Moitas gracias e... comeza unha nova aventura!!!!

viernes, 23 de enero de 2015

SOMOS PIZZEROS!!

 Este martes foi un día moi especial, por un lado rematamos un pequeno proxecto sobre Europa e por outro foi a fixemos a festa de cumple de Paula!!!!



 Como esta semana estivemos investigando un pouco sobre Europa decidimos facer unha degustación de platos típicos para rematar, e por suposto non podía faltar a pizza!



 Somos uns auténticos profesionais




 Unha vez lista, levámola para a cociña (que sempre están dispostos a axudarnos coas nosas receitas)


 E como a fixemos entre todos...tiña unha pintaza e ademáis estaba boísima : )
E como remate final, celebramos o cumple de Paula. Fixo unha tarta de chocolate impresionante, pero tamén nos fixo unha tarta de regalo (feita con goma eva) para soplar as velas cando teñamos cumples, así da gusto!! Moitas gracias!!


Que cumplas moitos máis compi!!!!!!

jueves, 22 de enero de 2015

O NOSO PROTAGONISTA!!


 César foi o noso protagonista da semana pasada! trouxo fotos de bebé, a cadea do seu chupete, un dos seus bonecos preferidos...e por suposto tivemos a visita de seus pais que nos deleitaron tocando o acordeaón e fixeron un video chulísimo de César! Moitas gracias familia!!!


martes, 20 de enero de 2015

PAPIROFLEXIA!


 Mentras agardamos que xurda un novo proxecto dedicámonos a facer cousas tan chuliñas como esta!


 Paula está a ensinarnos a facer animais de papel, o noso obxetivo é unha rana saltarina pero como é un pouco dificil imos aos pouquiños, xa fixemos un gato e un can.


MIAUUU!!!

jueves, 8 de enero de 2015

UN NADAL MOI ANIMAL

 Pero menudos actores e actrices temos na nosa clase!!! Abraiada do ben que o fixeron e super orgullosa destes peques!!




 E máis abraiada quedei co meu precioso regalo de nadal adiantado!!!! un lindísimo mandilón co nome de todos nos. Moitas gracias a todas as familias, menudo detallazo!!!

miércoles, 7 de enero de 2015

SIRA LINDA

 Sira prometéranos volver con un pouco máis de tempo...e promesa cumplida!

 Estivo connosco unha tarde, súa mamá e súa irmá contáronnos un mundo de cousas de bebés moi interesantes, onde podemos tocalos para facerlle un cariño, que teñen que comer, que lles podemos ofrecer para que se entreteñan e se divirtan...tamén lle cambiaron o cu e despois non poidemos resistirnos a darlle un pequeno gran abrazo colectivo, pero con moito coidadiño!!
Gracias por unha visita tan especial!!!

A NOSA PROTAGONISTA!

 A última protagonista do curso foi Martina!
 Mirade que roupiña taaan pequerrecha...

Seus pais preparáronnos un video moi bonito onde a vimos dende bebé ata o momento actual e gustounos moito.